A Ortigueira que merecemos en 5 ideas resumidas

O BNG, alternativa de goberno para Ortigueira

O  BNG comeza a campaña municipal #OrtigueiraMereceMáis e presenta cinco propostas resumidas para "acadar a Ortigueira que merecemos e queremos"

Candidatura Municipais 2023

1.- Merecemos un Concello transparente e aberto que permita e fomente a participación da veciñanza

 Queremos que Ortigueira sexa un concello do que poidamos participar todas @s veciñ@s. Habilitaranse maneiras de participación para que @s veciñ@s poidan decidir en que e como xestionar algunha partida orzamentaria e facer que o concello informe das actividades e cuestións de relevancia para a cidadanía.

2.- Merecemos que Ortigueira dispoña de servizos para tod@s.

 Deben atenderse as demandas básicas que nos permitan traballar e vivir en Ortigueira. É preciso que o concello dea resposta á atención das persoas maiores mellorando a atención a domicilio e creando un servizo de atención á soidade. Ofertar actividades físico deportivas para todas as idades.

3.- Merecemos contar con oportunidades económicas para construir proxectos de vida no noso Concello.

 O concello debe impulsar e ser motor de oportunidades económicas, poñer en valor a agricultura ecolóxica e gandaría locais. Crear un plan de dinamización do comercio local. Terase en conta o noso sector primario como medio de subsistencia e creación de emprego, promovendo o cooperativismo.

4.- Merecemos recuperar o noso patrimonio herdado e construído. Mirémolo como unha oportunidade.

 Queremos recuperar o patrimonio construído e rehabilitalo para dispoñer de vivenda e como creador de emprego local. O concello tamén debe dar a coñecer o patrimonio cultural a través do Festival de Ortigueira, eventos culturais, deportivos e etnográficos apoiándose e traballando en colaboración coas asociacións.

5.- Merecemos unha Ortigueira que coide o seu patrimonio natural e paisaxístico.

  Queremos un turismo sostíbel e desestacionado apoiado no proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal. Poñendo en valor o espazo natural da Ría, ríos e montes. Cunha oposición frontal á instalación de macroeólicos e eólica mariña tal e como está formulada; por ser un modelo depredador que devaluará a nosa comarca.