Tes algo que dicirlle ao goberno municipal?
Algún problema que denunciar? Unha suxestión ou pregunta?
No BNG queremos ser a túa voz. Por iso, poñemos á túa disposición un buzón anónimo onde podes enviar as túas queixas, propostas ou rogos.
Comprometémonos a trasladalos nos plenos ordinarios e traballar para que as túas inquietudes sexan escoitadas.
Participa e fainos chegar a túa opinión!
Entre todas e todos podemos mellorar o noso concello
buzón anónimo