O BNG TEN PROXECTO PARA GOBERNAR
O BNG ten proxecto para gobernar
No BNG de Ortigueira traballamos para que o noso concello teña futuro. Temos claro que este se constrúe desde o presente, con vontade, dedicación e unha dirección que marque o rumbo adecuado.
Sabemos que o país se constrúe desde os concellos, unidades esenciais na procura da mellora da calidade de vida da veciñanza; e en Ortigueira hai moito que facer, tanto no que atinxe ao desenvolvemento económico, apoiando o que hai e favorecendo a creación de novos nichos de emprego, como na mellora dos servizos, pasando polo incremento da oferta cultural e de lecer e sentando as bases para que o aumento da poboación sexa unha realidade e poidamos medrar como concello.
O BNG ten proxecto para Ortigueira, ten unha equipa de persoas capaces lideradas por Marco Schaal Orizales, “Schaal”, e tamén motivadas ante o reto de gobernar o noso municipio. O BNG traballará sen tregua para facer de Ortigueira un concello atractivo para vivir e traballar.