MELLOR LOCAL, MELLOR GALEGO
Neste.Nadal: MELLOR LOCAL, MELLOR GALEGO.
Na Galiza temos unha terra e un mar únicos, con moita riqueza e potencialidade. Grazas a eles producimos alimentos de extraordinaria calidade. Máis, lamentabelmente, día tras día vemos como o goberno do PP á fronte da Xunta de Galiza opta por darlle as costas ao sector primario, á industria de transformación e ao comercio de proximidade. O goberno do PP na Xunta de Galiza impón un modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados. Desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos que o consumo e a aposta polos produtos galegos ten que ser unha prioridade na política económica, de comercialización e mesmo de comunicación da Xunta de Galiza. Un goberno do BNG á fronte da Xunta de Galiza defenderá que na Galiza as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que as actividades agrogandeira, pesqueira e marisqueira, a súa transformación e comercialización, sexan un factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país, que tanta falta fai.
POR ISO APOSTAMOS POR:
* Incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
* Oposición á instalación na Galiza de grandes superficies comerciais de capital transnacional.
* Recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciaistradicionais.
* Promoción da produción alternativa e ecolóxica.
* Impulso dunha marca de calidade e de identificación da orixe, dos produtos da horta galega, así como para produtos pesqueiros e marisqueiros, e prezos xustos para o leite galego.
* Regulación dos horarios comerciais.
* Estabelecemento de liñas de crédito prioritarias para o comerciode proximidade.
* Promoción de alternativas de venda on line,fronte outras opcións hoxe hexemónicas.
* Promover axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.