Rolda de prensa

O portavoz municipal en Ortigueira, Marco Schaal, acompañado polos deputados autonómicos Mon Fernández e Xosé M. Golpe tomarán parte na rolda de prensa para dar conta das iniciativas que se están a tramitar tanto na cámara estatal como na autonómica, froito das reivindicacións veciñais e dos movementos das plataformas de persoas afectadas que están a traballar na zona do Ortegal.

Data: sábado 22 de xuño
Hora: 13:00
Lugar: Centro Social de Abasteira, Espasante
Localización: https://maps.app.goo.gl/taGoxqHqx3bJUjCs7