O BNG solicita unha rectificación ao Sr. Calvín polas súas mentiras sobre a moción do BNG das Pontes.
O BNG reprocha ao alcalde de Ortigueira, Valetín Calvín, que use as sesións plenarias para levar a cabo unha campaña de bulos e mentiras e, ao mesmo tempo, un intento de campaña de despestrixio da oposición e, en particular, ao BNG de Ortigueira.
No pasado pleno, 29 de setembro, o Sr. Calvín traspasou unha liña vermella, que é a de mentir descaradamente á cidadanía usando un pleno municipal ao afirmar que “o BNG das Pontes presentou unha moción para queixarse porque lle veña a unidade de Raios X para Ortigueira cando non tiñamos dereito”. Nada máis lonxe, o BNG das Pontes presentou unha moción reclamando ese servizo para o seu concello.
Nos acordos da moción recóllese o seguinte:
- demandar da Xunta de Galiza a urxente creación dunha sala de Raios X dixitais no Centro de Saúde das Pontes como as que vén de anunciar nos de Ortigueira e Pontedeume.
Polo tanto, o BNG das Pontes, non se queixa que dita unidade veña a Ortigueira, quéixanse porque a Xunta de Galiza ignore unha demanda histórica que ten As Pontes solicitando dito servizo no seu concello. e moitio menos, falan de que Ortigueira non teña dereito a telo.
Desde o BNG de Ortigueira solicitámoslle ao Sr. Calvín que rectifique e pida desculpas publicamente.