Marco Schaal toma posesión como concelleiro do BNG no Concello de Ortigueira

O BNG volve á corporación municipal

Marco Schaal
Marco Schaal toma posesión do seu cargo como concelleiro do BNG no Concello de Ortigueira

Bo día veciñas e veciños,

Felicitar desde o BNG de Ortigueira a D. Valentín Calvín Fondevila polo seu nomeamento como novo alcalde de Ortigueira.

Por outra banda, agradecer o apoio a toda a veciñanza que depositou en nós a súa confianza e coa cal, o nacionalismo galego recupera voz e voto na corporación municipal de Ortigueira.

Tamén quero agradecer ás persoas que conformaron a candidatura do BNG comigo, aos militantes e aos simpatizantes polo inmenso traballo realizado ao longo destes últimos meses, sen vós, tampouco sería posíbel que hoxe estivésemos aquí.

Hoxe comeza unha nova lexislatura e a partir de xa é o momento de cumprir co que dixemos ao longo das dúas semanas da nosa campaña e que fomos explicando nos nosos encontros coa veciñanza. Ortigueira decidiu que estivésemos na oposición, e aí estaremos. O noso traballo será controlar e fiscalizar ao equipo de goberno, desenvolver unha oposición leal, capaz de dialogar e de chegar a acordos para o noso concello. Unha oposición construtiva mirando polo ben común.

Tamén traeremos propostas que partirán das diferentes reunións que manteremos nas parroquias ao longo de toda esta lexislatura e que dean resposta ás necesidades e inquedanzas da nosa veciñanza.

Moitas grazas.

Marco Schaal Orizales