Charla informativa sobre os PROXECTOS EÓLICOS NA COMARCA

Na charla, que foi organizada polo BNG o pasado sábado 18 de maio, participaron Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe, deputados do BNG no Parlamento Galego e Marco Schaal, portavoz do BNG en Ortigueira.
 Os poñentes, ademais de expoñer a postura do BNG ao respecto da instalación dos Polígonos Eólicos na comarca, subliñaron os impactos que os aeroxeradores, con máis de cen metros de altura, poderían producir a nivel ambiental e patrimonial. En canto aos impactos ambientais e patrimoniais, destacaron a posibilidade de extinción de especies, a afectación de hábitats e o impacto sobre o patrimonio arqueolóxico.
  A estes impactos, súmase o empeoramento na calidade de vida da veciñanza, destacando os informes que demostran o impacto negativo que os aeroxeradores poderían ter na calidade de vida, por exemplo, polo ruído, alteracións visuais e isto conlevar a problemas de saúde.
   Despois da charla, deuse un intenso debate, recolléronse inquedanzas e queixas que deixamos anotadas para poder dar resposta en vindeiras datas cunha nova charla informativa e/ou xuntanzas con colectivos e asociacións afectadas.