O BNG denuncia o parque eólico proxectado no Ortegal e posiciónase a favor da veciñanza
O deputado Xosé Manuel Golpe advirte que están dando unha autorización condicionada de construción a un proxecto incompleto
A xestión deficiente dos Gobernos Municipais de Ortigueira expóñennos á ameaza dos parques eólicos de Barqueiro e Badulaque
A publicación do BOE sobre a tramitación dos parques eólicos Barqueiro e Badulaque en Ortigueira saca á luz as deficiencias na xestión dos gobernos municipais, tanto actuais coma anteriores.
A pesar da oposición veciñal e do apoio do BNG, o concello centrouse nos impactos ambientais, descoidando aspectos técnicos cruciais. Isto debilitou a súa posición contra os proxectos, que representan unha ameaza ecolóxica significativa para a comarca do Ortegal.
A falta dunha resposta técnica efectiva comprometeu a capacidade de bloquear a autorización dos proxectos, poñendo en risco o futuro ambiental e a calidade de vida da comunidade local
O BNG defende as demandas veciñais contra os parque eólico Barqueiro e Badulaque
Ferrolterra, 23 de xuño de 2024.- O portavoz municipal do BNG no concello de Ortigueira, Marco Schaal, acompañado polos deputados autonómicos Mon Fernández e Xosé Golpe informaron onte sábado no Centro Social de Abasteira, Espasante, das iniciativas que o formación política está a levar a cabo, en relación aos parques eólicos Barqueiro e Badulaque.