Eólica si, pero non así!

Nin espolio, nin depredación

Nunha reunión mantida entre os portavoces, os cinco partidos municipais mostraron a súa posición favorábel a presentar unha declaración institucional presentada polo BNG de Ortigueira.

Na mesma reunión, o noso portavoz, Marco Schaal, insistíu na necesidade de presentar de forma urxente un recurso de alzada, de poñer á disposición da veciñanza os proxecto P.E. Barqueiro e P.E. Badulaque, expoñendo de forma pública as parcelas afectadas para que os donos e/ou donas poidan identificalas e poder presentar as alegacións.

Asimesmo, pedíu un punto de información e apoio xurídico para a veciñanza para elaborar e presentar as alegacións. 

Por último, tamén se comentou a posibilidade de falar cos demais concellos afectados para levar a acabo accións comúns.