Levamos meses denunciando o mal estado das infraestruturas municipais e reclamamos melloras urxentes nas mesmas
Parécenos moi ben que o actual goberno de XA-PP presuma das escasas actuacións que levan a cabo, como é o arranxo dalgúns tellados dos centros sociais ou limpar pistas nalgunhas parroquias, mais era ben que mirase tamén de amañar os desperfectos no resto do Concello de Ortigueira e dos que xa demos aviso e solicitamos que reparasen: parques, pistas polideportivas, farolas, limpeza, arranxo e anclaxe de colectores, beirarrúas e, particularmente, aquelas zonas que pola súa afluencia reciben máis visitas ou sexan reclamos turísticos.
Nalgúns casos levan anos sen mirarse ou arranxarse, a pesar das súas propias denuncias cando estaban na oposición, con varios avisos pola nosa parte por rexistro, nas comisións ou nos plenos e, sen esquecerse, das persoas usuarias que son as máximas afectadas por esta deixadez e abandono.
Da limpeza, arranxo ou anclaxe de colectores, a pesar de realizarse uns poucos. Do arranxo das pistas e fochancas que tanto denunciaban,... En definitiva, do básico en conservación e mantemento de instalacións e infraestruturas municipais, xa nin falamos.