O PP demostra nos plenos que é o PP de toda a vida

DCIM\100GOPRO\GOPR1630.JPG
DCIM\100GOPRO\GOPR1630.JPG
O PP demostra nos plenos que é o PP de toda a vida

Se xa demostraron ao longo destes anos que non saben estar na oposición, moito menos demostran que saben estar no goberno. A súa política cos que discrepan o máis mínimo segue sendo a que é. Se se traen temas que non lles gustan, adícanse a embarrar e montar un circo nos plenos. Tampouco se cortan en ocultar información á oposición pero o máis grave é que tamén o fagan coa veciñanza. 

Son profesionais en crispar e "meter cizaña" por doquier e, se ven que as cousas non van como queren, comezan a realizar acusacións falsas con tal de intentar desacreditar ao BNG ou ao resto da oposición.

A Ortigueira esta política de "terra queimada" que está levando a cabo o PP de Ortigueira no que levamos de lexislatura sóbralle, e o mellor que lle podería pasar a Ortigueira, xa non falo a longo prazo senón a moi curto, é que en Ortigueira goberne o partido que é capaz de dialogar e chegar a consensos e acordos con todos os demais e si… ese é BNG de Ortigueira.

O PP demostra nos plenos que é o PP de toda a vida