Novas
O BNG de Ortigueira esixe melloras urxentes nos parques infantís do concello para garantir a seguridade e a calidade de vida da infancia e mocidade
14/nov./2024
Tras atender as queixas das familias polo mal estado dos parques infantís, o BNG presentará unha moción no pleno para esixir ao Concello melloras urxentes. Entre as propostas destacan a reparación das estruturas de xogo, a creación dun programa de mantemento regular, a cubrición para protexelas das inclemencias meteorolóxicas, a adaptación para a accesibilidade universal e a inclusión de xogos multisensoriais.