Botamos a andar campaña para levar peticións da veciñanza ao pleno de Orzamentos 2024

Botamos a andar campaña para levar peticións da veciñanza ao pleno de Orzamentos 2024

Desde o BNG acreditamos desde sempre na participación da cidadanía nos asuntos que afectan á veciñanza, independentemente de que nos votaran ou non. De feito, un dos puntos do noso programa electoral nas Municipais do 2023 era

  • Impulsar a participación social na elaboración de plans e programas municipais e, particularmente, na elaboración dos orzamentos anuais por medio do mecanismo de orzamentos participativos.

De aí que impulsamos unha campaña a través dun formulario en liña para que a veciñanza participe de forma activa e suxerencias para que se poidan levar a debate na elaboración do orzamento municipal de 2024.  Este formulario é totalmente anónimo no que poderedes expresar as vosas inquedanzas, ideas e melloras. Considereamos que é transcendental preguntar directamente ás nosas veciñas e aos nosos veciños onde invertir os cartos, priorizar os gastos naqueles aspectos que son fundamentais e importantes, xa que moitas veces hai gastos que se esquecen ou ignoran as prioridades da veciñanza.

Esta campaña en liña virá acompañada de asembleas parroquiais para recoller suxestións e preocupacións e darase traslado do traballo realizado polo BNG nestes primeiros meses de lexslatura.

Formulario de propostas: Orzamentos 2024

Botamos a andar campaña para levar peticións da veciñanza ao pleno de Orzamentos 2024