Pellets na costa do Ortegal

WhatsApp Image 2024-01-07 at 16.53.00
WhatsApp Image 2024-01-07 at 16.53.00

Veñen de darnos o aviso de que na Praia da Concha (Espasante) tamén chegaron os pellets.

Xa demos aviso no 112.

Pellets na costa do Ortegal

O que está a acontecer na costa galega, especialmente en Muros, Noia, Ribeira... mais tamén na Mariña e agora tamén no Ortegal, demostra o que sempre denunciamos, a total indefensión do noso mar, tanto por parte da Xunta, como do goberno español.

O noso mar non é un vertedoiro. Xa abonda! Exiximos responsabilidades!

 

A Galiza que Queremos

"A planificación, ordenación, preservación e coidado do territorio deben estar na base do modelo de desenvolvemento da Galiza que queremos. Porque non hai planeta B e porque Galiza ten no seu medio e territorio unha das súas principais riquezas"

Pellets na costa do Ortegal