Resumo Pleno extraordinario
Asuntos da convocatoria
1. Adhesión ao convenio marco de colaboración entre a Conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climatico e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) de residuos de envases domésticos lixeiros e de papel carton dun só uso
2. Proxecto Restauración das marismas da ensenada de Mera na ría de Ortigueira
Resumo do Pleno Extraordinario (24 de abril)
Fronte á improvisación do PP, o BNG esixe planificación e respecto polo noso rural.
Punto 1: Convenio Ecoembes (Xestión de residuos)
Menos "corre-corre" e máis xestión real do lixo.
O goberno do PP volveu demostrar a súa falta de planificación ao traer á présa un convenio que levaba dous meses no caixón do alcalde. Dende o BNG avisamos: non abonda con asinar papeis, hai que traballar. Esiximos:
Campañas de concienciación: Sen sensibilización, a reciclaxe é de mala calidade e as penalizacións económicas acabará pagándoas a veciñanza.
Puntos de recollida: Non se pode pedir calidade con contedores abandonados e sen mantemento ou cando non se conta con eles, especialmente no rural.
Transparencia: Non se pode votar "a cegas" sen saber canto se vai ingresar ou perder. É preciso saber se realmente é beneficioso para Ortigueira.
O noso voto: Abstención. Apoiamos o fondo, pero non a falta de información nin a improvisación do goberno.
Intervención do noso portavoz, Marco Schaal
Punto 2: Restauración das Marismas de Mera
Recuperar o noso patrimonio natural SI, pero con rigor.
A recuperación de Mera é unha vitoria para Ortigueira que o BNG sempre defendeu. Porén, coa aprobación de hoxe, o alcalde asinou un compromiso de mantemento "de por vida" sen un plan serio nin previsión de investimento na conservación.
Desde o BNG actuamos con responsabilidade:
Non queremos máis "Morouzos 2.0" nin "Lagoas de San Martiño 2.0": Xa abonda de obras con pasarelas e casetas de madeira que acaban podres pola falta de conservación municipal.
Planificación fronte á foto: O convenio obriga a rozar 4.000m² anuais. Como o van facer se as nosas 22 parroquias están hoxe comidas pola maleza?
Esiximos cofinanciamento: O Alcalde debe negociar co Estado, a Xunta e Costas para que axuden a conservar o que se restaura.
O noso voto: Abstención. Votamos así porque non temos ningunha seguridade nin confianza en que este goberno municipal sexa capaz de desenvolver e executar o plan de mantemento e conservación que Mera necesita. Recuperar a Marisma é tan necesarii e urxente como mantela despois.
Intervención do noso portavoz, Marco Schaal