Novo verquido no Río Mera

Peixes mortos no Río Mera
Peixes mortos no Río Mera
Novo verquido no Río Mera

Este pasado domingo, 28 de xullo, varias persoas puxéronse en contacto cos responsábeis do BNG de Ortigueira para alertar sobre a presenza de peixes mortos flotando ao longo do río Mera e tamén se denunciou esta situación nas redes sociais.

Desde o BNG de Ortigueira consideramos que esta situación é inaceptábel e require unha resposta inmediata desde as diferentes administracións e lamentamos que unha vez máis, miren cara outro lado.

A veciñanza tamén nos comenta que empeza a estar cansa de sufrir verquidos cada certo tempo, unhas veces son cheiros, outras veces é tinguir o río de cores e, como vemos días despois, sempre con consecuencias desastrosas para a nosa fauna e flora. Como ocorreu nesta ocasión, con centos de peixes mortos.

Consideramos que tanto a administración local, como a administración autonómica deben tomar medidas urxentes para abordar este problema e protexer as nosas contornas naturais.

Tamén queremos dicir que xa nos puxemos en contacto cos nosos deputados comarcais para ver que pasos e accións podemos realizar.

Invitamos a toda a veciñanza a seguir denunciando calquera vertido que poidan observar, enviándonos información e imaxes por redes sociais ou a ortigueira@bng.gal

Novo verquido no Río Mera